Saúda do alcalde
Amigas e amigos:
Estades na web municipal. Cando accededes a esta páxina estades entrando no Concello de Santiago. É a tarxeta de presentación do Goberno municipal, de min, como alcalde, das concelleiras e concelleiros, e dos grupos que configuran a Corporación. Nela están definidos os programas que se están desenvolvendo e os proxectos nos que participa a cidade. Enumera os servizos que ofrece o Concello á cidadanía, e informa das actividades que se desenvolven e das novas relacionadas coa a actividade municipal.
Pero non só é unha páxina pensada para informar. Tamén está pensada para facilitar a relación da cidadanía coa Administración local. A través do apartado de Administración electrónica podes realizar distintas xestións e tramitacións en liña. E consultar o calendario do contribuínte, os avisos e anuncios do concello, ou as ofertas de emprego público. Tamén podes contactar con nós para solicitar información, ou comunicarnos as túas queixas, suxestións e/ou incidencias.
Pensamos esta web como un servizo á cidadanía. Como un espazo de encontro, de interrelación, entre as persoas que dende o Concello traballamos para todos os veciños e veciñas e aquelas que acceden á web. Somos conscientes de que a Administración debe estar á altura dunha sociedade cada vez máis avanzada a nivel tecnolóxico, e que, dende a transparencia e dende a vocación de servizo público, ferramentas como esta páxina son necesarias e imprescindibles.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde de Santiago de Compostela
Noticias
- O Concello apoia a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela 29/03/2023
- O Concello e a Deputación investirán 1,3 millóns na rehabilitación integral da Casa da Xuventude, que acollerá dependencias municipais, provinciais e para o uso da veciñanza 24/03/2023
- Un grupo de alumnos e alumnas do Pío XII entrevista ao alcalde 20/03/2023