FESTAS

A Banda Municipal de Música de Santiago e Viravolta Títeres representaron "Peer Gynt" na praza de San Martiño Pinario

29/07/2015 Na antepenúltima xornada das festas do Apóstolo puidemos escoitar a Banda Municipal de Música, que lle puxo música en directo a Peer Gynt, obra representada polos monicreques da compañía Viravolta Títeres.

A praza de San Martiño Pinario foi o particular escenario no que Viravolta Títeres representou esta fábula, obra do escritor noruegués Henrik Ibsen. A Banda Municipal encargouse de interpretar a música composta expresamente para esta representación polo tamén noruegués Edvard Grieg.

Direccións relacionadas



Compartir: