FESTAS

Milladoiro ofrece un concerto na Quintana para festexar o Día Grande de Galicia

24/07/2008 A xornada do venres 25 comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral. Será ás dez da mañá. Xa a partir das doce e media do mediodía as rúas da cidade serán animadas por cabezudos a gaiteiros. Ás dez da noite a orquestra Super Combo alegrará cos seus sons a todos os que se acheguen ata a Alameda.

A cita forte do Día Grande de Galicia será ás once da noite na praza da Quintana. O grupo galego Milladoiro, acompañado da fadista Mafalda Arnaud, fará un percorrido polos seus grandes éxitos e presentará novos temas do seu último traballo, A Quinta das Lágrimas, onde sinalan a relación amorosa entre Dona Inés de Castro e o infante Don Pedro e a relación entre Galicia e Portugal.

Toquinho e Maria Creuza, o 26
O sábado 26 de xullo terá lugar ás 23:00 horas na Quintana, a actuación máxica dos brasileiros Toquinho e Maria Creuza. Os dous artistas evocarán os mellores momentos da bossa nova. No concerto renderán unha homenaxe ao compositor brasileiro Vinicius de Moraes, figura capital da música brasileira contemporánea con que formaron un trío en 1970.

En 1970, a cidade de Buenos Aires presenciou un recital no que a figura da música brasileira contemporánea, Vinicius de Moraes, así como Toquinho e Maria Creuza, reuníronse por primeira vez para inmortalizar un repertorio cos temas máis memorables do xénero.

"La Fusa" foi o escenario onde se deron cita estos cantantes da música brasileira, para logo rexistrar un disco que é un fito e que leva o mesmo título. Neste disco podemos atopar cancións como "A Felicidade", "Que Maravilla", "Garota de Ipanema" e "Minha Namorada".

Éxito do Día do Traxe Galego
Por outra parte, centos de persoas inundaron o mércores 23 as rúas da cidade ataviados co tradicional traxe galego para festexar o seu Día. Maiores, xóvenes e nenos participaron nesta XXX edición. Os galardoados no concurso de traxes foron:

Na categoría de traxe de cotío, os gañadores foron:
- Antón Méndez Gándara e Sabela Folgar Rocha

Na categoría de traxe moderno, nenos:
- Andrés Collantes Barrios e Antía Barona Mosquera

Na mesa categoría, pero adultos:
- Segundos Premios: Manuel Miramontes e Míriam Álvarez Barona
- Primeiros Premios: Xosé Luis Rodríguez Álvarez e Eva Varela

O premio á mellor peza antiga solta foi para Eva Barona

Compartir: